lunes, 16 de marzo de 2015


                                    A ORDE DAS COUSAS


                               O pasado vinte e tres de febreiro tivo lugar unha conferencia no noso instituto sobre a violencia de xénero. Esta conferencia foi patrocinada pola asociación Enriqueta Otero. Amanda Díaz Pena, a psicóloga representante da organización, presentounos unha curta chamada A orde das cousas que conta a historia de Julia e da súa vida, afogada cunha parella abusiva, dende unha perspectiva pouco común para tratar este tema. Na curta a violencia física mantense ó minimo, pero toda ela fai que te poñas completamente no lugar de Julia, experimentando toda a angustia e a impotencia de atoparse atrapado nunha situación de anulación persoal. A presión psicolóxica que sufre a protagonista durante a proxección a mantén completamente a merced dun home maltratador e dominante. A curta denuncia tamén a transmisión de esta práctica de maltrato de xeración en xeración, de pais a fillos, xa que pon en manifiesto a sociedade machista que vimos arrastrando dende o tempo dos nosos avós e contra a que estamos a loitar hoxe en dia. O vídeo que vos deixamos a continuación supón un paso a diante no intento de cambiala.

                           

jueves, 12 de marzo de 2015

BENVIDOS:

    Con este blog buscamos achegar un pouco o galego á xente con pequenas cousas que nos parecen de interese. Esperamos que vos guste. Disfrutádeo.